martes 13 de noviembre de 2007

XORNADA DE FOLGA EN GALICIA


CONVOCA:

Xornada de loita o vindeiro día xoves 15 contra a violencia racista e facista.

MANIFESTO:

Un rapaz foi asasinado no metro de Madrid como todos xa sabedes por cometer o único delito de estar concienciado en contra da violencia cos inmigrantes. O camarada Carlos morreu asasinade coma un animal por un soldado profesional que o apuñalou cun coitelo de caza.

Esta agresión con tráxico resultado non é a única que se cometeu este ano nin será a derradeira pois calculase que no país hai cerca de dez mil neonazis dispostos a agredir e mesmo asasinar como ocorreu neste casto a todo aquel que se manifeste contrario as súas ideas.

Esta aptitude debe ser condeada por toda a sociedade e o Estudant@s Galeg@s Contra a Discriminación decidimos manifestarnos o vindeiro xoves para manifestar o noso rechazo a violencia racista e recordar o compañeiro morto.

Polo tanto o este xoves día 15 convocamos unha folga xeral do ensino secundario e de bacharelato.

Pedímoslle a xustiza que interveña na defensa dos agredidos pelos grupos neonazis e condeamos rotundamente tal ideoloxía declarándonos antifascistas. Aquel que asista a clase segundo o noso criterio estarase a comportar como unha persoa pouco comprometida socialmente e dende o noso punto de vista non condenará a violencia como pensamos que se debe facer.

MODO DE LOITA:

O modo de loita empregado neste caso será a folga. Non asistiremos as clases e deixaremos se nos é posible un boneco de papel pegado na cadeira para recordar o compañeiro falecido. Só el asistirá a clase.

Lluis Boig

Santiago, 13 de Novembro do 2007